Por E.P. | Ourense | 05/11/2021 | Actualizada ás 17:32
O pleno municipal de Ourense rexeitou este venres unha incitativa defendida polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que pedía blindar as asignacións aos partidos políticos segundo o número de concelleiros alcanzado nas eleccións, de forma que non se reducise a contía en casos de transfuguismo.
En concreto, un dos puntos da orde do día pedía a modificación das bases de execución do orzamento vixente, no relativo ás dotacións económicas aos grupos, para solicitar que se tivese en conta os concelleiros que tiña o partido ao ser elixido e non se retirase contía ao mesmo por baixas.
Deste xeito, a proposta, promovida Pérez Jácome, buscaba manter o importe que recibía Democracia Ourensana ao comezo do mandato, con sete concelleiros, e que non se vise minguada actualmente, ao contar con tres. Así pois, sumaría 2.800 euros máis, 700 por cada un dos catro edís críticos.
Con todo, a proposta non saíu adiante ao contar só cos votos a favor de Democracia Ourensana e de Ciudadanos, así como do edil non adscrito Laureano Bermejo --ex Cs--. Pola súa banda, PSOE, BNG e PP votaron en contra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.