Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2021 | Actualizada ás 14:19
Este fin de semana nas Illas das Esculturas, Xela Martínez volveu a conseguir un novo título autonómico Sub16 de campo a través logo de impoñerse con superioridade ao resto de atletas confirmando o seu excelente arranque nesta tempada invernal. Por clubs a Atlética Lucense lograba o título cun triplete no podio conformado pola propia Xela e por Ámparo Corredoira e Sara Guedes.
En homes e na mesma categoría viviuse unha chegada trepidante entre Ricardo Negrete do Ría Ferrol quen se impuxo tanto a Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural como a Sergio Quintas do C.D La Purísima. Por equipos Cedeira Muebles García facíase ca primeira posición por diante de Atlética Lucense e de A.D Fogar
Na categoría Sub18 tanto Carolina Santos do Ría Ferrol como Pedro Vázquez do Real Club Celta proclamábanse campións galegos estando acompañados nas medallas por Marcela Morgade do Ourense At. e por Paula Cabaleiro do C.A Tui. E na categoría masculina sería a prata para Antón Martínez da Atlética Lucense e para Mateo Rodríguez do Real Club Celta. Por equipos femeninos Sub18 o título foi para conxunto do Ourense Atletismo.
RESTO DE PROBAS
Na categoría Sub23 destacou o C.A Santiago cun doble triunfo en individuais de Mariam Ferram e Roberto Trigo. Na Sub20 masculina, novo triunfo do Ourense Atletismo por diante do Real Club Celta e pola S.D Compostela.
Para rematar o Relevo mixto daba o triunfo ao Lucus Caixa Rural Galega cuxos integrantes Lucía Varela, Xavier Rodríguez, Laura Santos e Esteban Iglesias adicaron o triunfo de maneira moi emotiva ao recentemente desaparecido Mariano Castiñeira
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.