Judith Hill ‘descorcha’ o Outono Códax Festival

Foi este 11 de novembro, data na que comezou oficialmente unha nova edición do prestixioso encontro coa música negra en Compostela.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 12/11/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A artista Judith Hill ofreceu o primeiro concerto do Outono Códax Festival este xoves 11 de novembro no Auditorio de Galicia ás 21:00 h. 

Judith Hill no 'Outono Códax Festival 2021'. Cartel.
Judith Hill no 'Outono Códax Festival 2021'. Cartel.

O festival de música negra --rhythm & blues, rock & roll, soul, swing, brass, jazz…-- que chega dende hai anos a Galicia grazas ao patrocinio de Bodegas Martín Códax terá este ano como referencia a cidade de Nueva Orleans e as súas músicas.

Judith Hill chegaba ao Outono Códax 2021 para ofrecer un dos dous únicos concertos que realizará en España, no marco da xira de presentación do seu último disco “Baby, I’m Hollywood”, publicado en marzo deste mesmo ano, no que propón unha declaración persoal vibrante e desafiante en torno ao pracer, a dor e á celebración. Un disco de natureza caleidoscópica que supón unha viaxe completa aos anais da música negra: pasado, presente e futuro, cheo de soul retro, blues conmovedor, espléndidas baladas de piano e funk psicodélico e bailable.

O vindeiro concerto será o venres 19 de novembro na Sala Capitol de Santiago a partir das 20:30 h. Nesta sala actuarán Izo Fitzroy --Reino Unido-- e Martín Aneiros Band --Galicia--.

Para información en profundidade sobre estes artistas pódese acceder á páxina web do festival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta