Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 20:46
A doutora en Química María Isabel Medina Méndez ingresou oficialmente este juevesn na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) pola súa contribución ao coñecemento sobre os efectos positivos dos produtos do mar na nutrición.
O acto tivo lugar no Pazo de San Roque de Santiago, onde Medina Méndez, profesora de investigación no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) e coordinadora da área de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desde 2017, dedicou o seu discurso de ingreso ás achegas dos produtos pesqueiros a unha dieta saudable.
"Estes achados poden ter un forte impacto para o desenvolvemento de estratexias nutricionais e o deseño de novos produtos pesqueiros e suplementos nutricionais baseados en aceites de peixe", manifestou a investigadora, nacida en Vigo en 1966.
Medina agradeceu á RAGC a súa inclusión como académica, á vez que lembrou os seus inicios como investigadora na Universidade de Santiago de Compostela, continuados no CSIC.
A carreira investigadora de Medina centrouse no ámbito da química dos lípidos mariños, e a súa relación coa calidade, seguridade e valor nutricional dos produtos derivados da pesca e a acuicultura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.