Suso Bermello, reelixido secretario nacional de CIG-Ensino

Recibiu un total de 133 votos favorables e 9 en branco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O sindicalista Suso Bermello foi reelixido este sábado como secretario nacional da CIG-Ensino, no marco do VIII congreso da federación. Bermello recibiu un total de 133 votos favorables e 9 en branco no marco deste evento, no que á súa vez se analizou o traballo desenvolvido neste último período e definíronse as principais liñas de acción para o próximos catro anos.

Así mesmo, escolleuse a composición da nova executiva, que recibiu 141 fotos a favor e un en branco.

Deste xeito, estará conformada por Suso Bermello García, Laura Arroxo Reguera, Xosé Manuel Nogueira Rodríguez, Marta Ferreiro Fernández, Ana Rodiño Domínguez, Diego Boquete Sánchez, Teresa Carballido Salgado, Henrique García Vázquez, Elena Añel Cabanelas, Xosé Anxo Terán Comesaña, Maruxa Martínez Nogueira e Montse Pernas Bellas.

Congreso de CIG-Ensino. CIG
Congreso de CIG-Ensino. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta