Feijóo instará ao Goberno central a "reconsiderar" a modificación da reforma laboral

Reúnese este luns en Madrid coa ministra de Industria para abordar a situación de Alcoa e Vestas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase en Madrid este luns coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. O encontro, que o presidente galego ratificou esta semana, terá lugar no Ministerio. Feijóo avanzou que na reunión trasladará a súa preocupación tanto polo desabastecemento de subministracións como polo incremento do prezo da enerxía e o seu impacto para familias e empresas.

No foco estará, en concreto, o problema das empresas electrointensivas, así como a situación de Alcoa en San Cibrao e de Vestas, industrias craves para a comarca da Mariña de Lugo.

Sobre a mesa estarán tamén, segundo dixo, algúns dos puntos incluídos na carta que o presidente galego enviou esta mesma semana ao seu homólogo estatal, Pedro Sánchez, a quen instou a "reconsiderar" algunhas algunhas das decisións económicas adoptadas ou anunciadas para os próximos meses que poden, ao seu modo de ver, "agravar aínda máis" unha situación marcada pola alza dos prezos.

En concreto, Feijóo manifestou que se debería "aprazar o incremento xeneralizado da presión fiscal ou a modificación da reforma laboral (aprobada no seu día polo PP), improvisada e de forma inmediata", convencido de que dar este paso "incrementará aínda máis as dificultades de obter un emprego" en España.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa tras o Consello.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa tras o Consello.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta