Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2021 | Actualizada ás 14:19
Galicia recibirá un total de 3,8 millóns de euros procedentes do plan do Goberno central para mellorar a prestación farmacéutica e promover o uso racional de medicamentos. Estes 3,8 millóns, segundo explica este mércores a Delegación do Goberno en Galicia, divídense en dúas partidas.
Por unha banda, están os 2,27 millóns orientados a mellorar a prestación farmacéutica, unha liña que busca que as comunidades modernicen estruturas, equipamentos e tecnoloxías dos centros e desenvolver programas de mellora do uso de produtos sanitarios
Esta partida compleméntase cos 1,53 millóns que percibirá a Xunta ao amparo deste plan para para o desenvolvemento de programas que favorezan o uso racional de medicamentos entre os profesionais sanitarios e a poboación xeral.
O delegado do Goberno, José Miñones, resaltou que este programa demostra "a aposta decidida" do Executivo "por impulsar a coordinación e eficacia para abordar os proxectos de modernización, mellora e transformación que requiren os novos retos de saúde pública".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.