Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2021 | Actualizada ás 18:00
Unións Agrarias (UU.AA.) informou de que logrou o "xesto" da distribución para que retire de supermercados as marcas de leite líquido de Lactalis e Larsa. A organización agraria reclama que a industria faga chegar aos gandeiros a subida que se aplicou nos lineais aos consumidores. Deste xeito, desparecerán das grandes superficies durante uns días os cartóns de leite de Larsa, President, Puleva e Ram, entre outras, segundo indica UU.AA. nun comunicado.
Nos últimos días, Unións Agrarias protagonizou protestas co bloqueo da entrada das plantas de Larsa (en Outeiro de Rei) e Lactalis (en Vilalba) para reclamar unha subida nos prezos que se pagan a gandeiros polo seu leite ante o incremento de custos de produción. E é que critica que, tras lograrse que a distribución "aceptara incrementar o prezo de venda ao público", "esa subida non se traslade aos gandeiros".
Neste sentido, a organización agraria insiste en denunciar que os prezos que perciben os produtores en Galicia (33,3 céntimos por litro) están á cola de España, á vez que os seus custos de produción se incrementaron un 26% nos últimos meses.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.