Inician unha campaña en redes para reclamar pediatras e garantir así o dereito á saúde dos máis cativos

A Asociación de Pediatras e Matronas XA focaliza a celebración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia na resilencia das nenas e nenos neste contexto sanitario.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/11/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Co gallo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, que se celebra 20 de novembro, a Asociación de Pediatras e Matronas XA vén de urxir unha vez máis a que os dereitos dos máis cativos sexan respectados. O 20 de novembro é un día para a celebración da infancia e, dende a asociación, poñen o foco na resilencia dos nenos e nenas neste contexto de crise sanitaria. Unha resilencia que implica "un acompañamento acorde a unha persoa en fase de

Rapazada que protagoniza o vídeo onde esixen pediatras
Rapazada que protagoniza o vídeo onde esixen pediatras

desenvolvemento, onde os primeiros anos teñen unha relevancia que marcarán en gran medida o seu futuro". 

Así e de xeito simbólico, para visibilizar os dereitos das nenas e nenos e en especial o seu dereito á saúde "como un dos bens máis preciados", convidan a subir ás redes sociais unha foto en branco e negro, cos brazos en cruz e un globo, xunto ao hashtag #pediatrasematronaxa. O obxectivo: coller impulso para continuar "defendendo os nosos dereitos básicos".

A Asociación de Pediatras e Matronas XA reclama que, para garantir o dereito a saúde, son precisos pediatras "que coñezan ás criaturas e as acompañen na súa evolución",  polo que "estas profesionais deberían ter unhas axendas que permitan facer revisións periódicas e que poidan dar resposta rápida cando os cativos enferman". Así mesmo, reivindican que ao ser a xestación un período especialmente sensible, require da mesma forma un seguemento personalizado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta