O BNG, de "abandonar o independentismo" a compartir manifestación con Bildu

A formación enviará representantes a unha concentración pola independencia do País Vasco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Representantes de BNG, ERC, CUP, Mes per Mallorca e Andecha Astur participarán na manifestación organizada para este sábado en Bilbao por EH Bildu en favor da independencia do País Vasco. A marcha arrincará ás 17.30 horas desde a praza da Casa para finalizar no Concello, onde está previsto que tomen a palabra Garazi Perea e Arnaldo Otegi. A participación do BNG ocupa un papel especial por vir poucas semanas despois de que os seus líderes "abandonaran" o indepedentismo, como sinalaron. 

Segundo informou a coalición soberanista, entre as persoas que portarán a pancarta que abra a manifestación poderase ver a Edurne Brouard, filla do dirixente de EH asasinado polos GAL Santi Brouard; as portavoces de EH Bildu no Congreso e no Parlamento navarro, Mertxe Aizpurua e Bakartxo Ruiz; o coordinador xeral, Arnaldo Otegi; e a portavoz parlamentaria na Cámara vasca, Maddalen Iriarte, entre outros. Tamén está previsto que, á cabeza da manifestación, marchen membros da mesa política de EH Bildu e responsables institucionais en diferentes concellos vascos. Doutra banda, ao redor de 80 autobuses partirán de diferentes localidades vascas para tomar parte na mobilización.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante a manifestación que convocou o partido con motivo do Día da Patria Galega, o 25 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante a manifestación que convocou o partido con motivo do Día da Patria Galega, o 25 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nostrus

Emperatriz bloquera que nunca encontrarásitio para su trasero