Atopan morta á muller con alzhéimer desaparecida dende o mércores en Trazo

A muller saíu a pasear e non regresou á casa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2021 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

Benedicta Pereiro Pouse, a muller de 77 anos que desapareceu o pasado martes no municipio coruñés de Trazo, apareceu morta este domingo, segundo confirmaron o 112 Galicia. A desaparecida, segundo informaron, foi atopada, ao redor das 17,00 horas, nunha zona de eucaliptos, moi preto de Rial, na localidade de Trazo.

Un amplo dispositivo de procura foi despregado este pasado mércores no municipio coruñés de Trazo para tentar localizar a Benedicta, desaparecida desde a tarde do martes e diagnosticada con alzheimer. Esta veciña de 77 anos da aldea do Rial, na Alta de Trazo, saíu a pasear ao redor das 17,00 horas como adoita facer cada día, pero non regresou á casa na que reside coa súa familia.

Tras notar a súa falta, os achegados de Benedicta Pereiro solicitaron axuda para dar co paradoiro da muller. No operativo de procura, ademais de veciños da zona, participaron efectivos de emerxencias, axentes da Garda Civil e da policía, así como da Axencia Galega de Emerxencias, que utilizou drones na zona da desaparición, onde tamén actúa un helicóptero.

Benedicta Pereiro Pouse, desparecida en Trazo (A Coruña) o 16 de novembro. SOS DESAPARECIDOS
Benedicta Pereiro Pouse, desparecida en Trazo (A Coruña) o 16 de novembro. SOS DESAPARECIDOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta