Afonso X, o rei que escribía cantigas galegas sen chegar a pisar nunca Galicia

O CCG unha investigación para "desmontar tópicos" sobre o suposto declive de Galicia na etapa do monarca toledano.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2021 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Hai este martes 800 anos, nacía en Toledo o rei Afonso X, baixo cuxo reinado Galicia acadaría as maiores cotas de esplendor cultural da súa historia. Para conmemorar a efemérede, o CCG vén de presentar presentou unha monografía "encamiñada a desmontar tópicos" sobre a relación do monarca con Galicia e, sobre todo, para repensar o paradigma tradicional da historia de Galicia na Baixa Idade Media.

Miniatura ligada ao rei Afonso X . CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Miniatura ligada ao rei Afonso X . CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, destacou que o volume Galicia no tempo de Afonso X nace como froito do "empeño" da institución en achegar á sociedade unha contribución científica que permite "visibilizar o esplendor cultural da Galicia medieval”. Simon Doubleday, cunha intervención gravada, e José Miguel Andrade, incidiron en que o libro que editaron achega novas lecturas sobre un rei que "nunca pisou Galicia pero que si mantivo unha forte relación coa historia e a cultura galega". A presentación contou tamén coa participación de dous autores como Henrique Monteagudo, que puxo de relevo o papel do galego no proxecto cultural do rei; e Diana Pelaz, que destacou o papel das mulleres rexias neste período.

Segundo apuntan dende o CCG, o volume pretende --da man de destacados especialistas de ámbitos diferentes como a lingua, a historia ou a arqueoloxía-- poñer de xuízo o declive político e cultural que tivo Galicia na Baixa Idade media e, nomeadamente no reinado de Afonso X. “O paradigma dominante nos estudos medievais considera que o ano 1230, é o do comezo da marxinación política de Galicia. É entón cando con Fernando III, pai do Sabio, se produce a unión dos reinos de Galicia-León e Castela. Unha marxinación que, sempre dentro desta visión tradicional, non faría mais que medrar na época de Afonso X, pero non é verdade” asegurou José Miguel de Andrade que editou este texto xunto con Simon Doubleday, un dos grandes expertos da Iberia Medieval e autor dunha recoñecida monografía sobre Afonso X. 

Nove estudos poñen en evidencia o poder que tivo Galicia nese período. O territorio galego non estaba entre as preferencias persoais do rei. “Afonso X demostrou unha rotunda preferencia polo sur da Península e por Sevilla en particular” aseguran Simon e José Miguel na introdución pero hai moitos indicios que amosan que Galicia tamén tipo o seu papel.

Primeiro porque a nobreza galega estivo moi implicada nas campañas militares na fronteira andalusí como no proceso de reorganización social e colonización; Galicia tamén estaba suxeita ao marco lexislativo afonsino co Espéculo, as Partidas e o Fuero Real, que se traduciron na creación de Portos de Galicia e burgos reais como o de Pontedeume; e moitos dos seu funcionarios eran galegos, o como propio Gómez García de Soutomaior. Con todo, a súa gran contribución para Galicia foi no ámbito cultural, coas tan coñecidas Cantigas de Santa María. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta