Os policías filipinos implicados na morte de Diego Bello aseguran que levaba unha pistola

Volven relacionar o mozo coruñés co tráfico de drogas.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 24/11/2021 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Os tres policías implicados na morte de Diego Bello, o mozo coruñés asasinado en Filipinas en xaneiro de 2020, ratificáronse na súa versión, sostendo que o mozo levaba unha pistola e que estaba vinculado co tráfico de drogas.

Familiares e achegados de Diego Bello, nunha concentración para esixir que se investigue a súa morte
Familiares e achegados de Diego Bello, nunha concentración para esixir que se investigue a súa morte | Fonte: Europa Press.

Así o explicou o portavoz da familia e tío do novo, Francisco Lafuente, que sinalou que, de acordo coas informacións que lles trasladan desde o consulado español, os policías, contra os que pesa a acusación polo asasinato de Diego Bello, ratificáronse no atestado policial realizado no seu día.

Nel, sostiñan, lembrou o portavoz da familia, que Diego sacou unha pistola "e que se lle preparou unha emboscada para saber se vendía droga". "Dicían que era un narcotraficante", lembrou o portavoz da familia, que, desde o primeiro momento, rexeitou calquera vinculación do mozo co tráfico de estupefacientes ou a posibilidade de que tivese unha arma.

Nestes momentos, a familia está á espera dos pasos que dea a Fiscalía e buscando un avogado en Filipinas, onde se cometeron os feitos, en concreto na illa de Siargo. En particular, destacan que as propias autoridades policiais rexeitasen que houbese un tiroteo e sosteñen que "o mataron". "Dun tiro na cabeza", engadiu en referencia tamén á autopsia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta