Martín Códax, nomeada a ‘mellor tenda en Bodega de España’

A coñecida adega da D.O. Rías Baixas está entre as finalistas dos premios 'IWC Merchant Awards Spain'. O vindeiro 29 de novembro coñeceranse os gañadores en Madrid.

Por X.M. Fernández | Cambados | 27/11/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O traballo de Bodegas Martín Códax segue dando froitos, neste caso cun recoñecemento ao seu labor de innovación e profesionalidade sendo finalista na categoría de ‘Mellor tenda en Bodega’ a nivel nacional nos recoñecidos premios IWC Merchant Awards Spain.

Bodegas Martín Códax. Foto: Martín Códax
Bodegas Martín Códax. Foto: Martín Códax

O vindeiro 29 de novembro desvelaranse os gañadores na cea de gala que terá lugar no Palacio de Neptuno de Madrid.

PREMIOS IWC MERCHANT AWARDS

Son uns galardóns que naceron para premiar o traballo de sumilleres, educadores, distribuidores, comercializadores, axentes promotores, e en resumo a todos os intermediarios que achegan o viño ao consumidor final.

Trátase, pois, dun recoñecemento á calidade do servizo e á distribución valorando as novas ideas e formatos, novos modelos de negocio e a innovación en xeral á hora de chegar ao consumidor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta