Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 19:32
Os centros de vacinación masiva que reabriron o pasado 19 de novembro arrincarán este venres a administración da dose de reforzo para o colectivo de entre 60 e 69 anos, o obxectivo que ten o Sergas para antes de Nadal, xunto cos sanitarios e o persoal sociosanitario.
Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, recibiron a dose completa 345.377 galegos de entre 60 e 69 anos, o 99,6 por cento da poboación diana neste grupo de idade.
A este proceso de vacinación referiuse o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, apuntou que a previsión é completar esta franxa de idade entre o 18 e o 20 de decembro. Serán chamados "2.700 persoas" cada día no Hospital Lucus Augusti, uns 850 na Mariña e uns 540 en Monforte, o que suma unha media diaria de 4.090 persoas.
DATOS DA DOSE DE REFORZO
Segundo o último informe publicado polo Ministerio de Sanidade, con datos deste luns, en Galicia puxéronse a dose de reforzo 366.330 maiores de 70 anos, o 69 por cento dos 531.156 galegos que completaron a pauta na primeira fase e que superan esa idade.
En canto aos vacinados coa monodosis de Janssen, hai un total de 27.805 galegos que contan xa coa dose de reforzo, o 22,48 por cento do total que recibiu este medicamento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.