Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 11:37
A produción 'O charco de Ulises' do Centro Dramático Galego, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, represéntase esta semana en Uruguai e Arxentina.
En concreto, o auditorio Nelly Goitiño-Salga Héctor Tosar de Uruguai acolleu a primeira función neste país desta adaptación libre de 'A Odisea' ao contexto da emigración e que este xoves se representará no Teatro Astral de Buenos Aires, en Arxentina.
O acto, apoiado pola Secretaría Xeral da Emigración, contou coa presenza do secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, o director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez, e do ministro de Educación e Cultural de Uruguai, Pablo da Silveira, entre outros.
A trama da obra transcorre en paralelo á propia Odisea e busca xerar un diálogo co mito orixinal para abordar o fenómeno da emigración galega, cambiando así Ítaca por Galicia, Troia por Buenos Aires e o mediterráneo polo Atlántico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.