Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2021 | Actualizada ás 19:04
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a compra de ata 50 robots que realizarán tarefas de carácter rutineiro na tramitación administrativa autonómica, co obxectivo de "liberar aos empregados públicos" destes labores.
"Investiremos preto de oito millóns de euros nunha plataforma de automatización dotada con solucións de intelixencia artificial e robótica para axilizar todos estes procesos", explicou o mandatario autonómico.
O contrato terá vixencia de dous anos e permitirá, explicou, dar resposta de forma "áxil á tramitación de grandes volumes de expedientes, evitar que as persoas realicen funcións que poden ser automatizadas e, en xeral, un mellor servizo aos galegos". Feijóo lembrou que o uso destas solucións non son novidade, xa que a Xunta é pioneira na aplicación de tecnoloxías de automatización robótica de procesos e técnicas de recoñecemento óptico de caracteres.
Respecto diso, sinalou que se está empregando en procedementos tributarios, como autoliquidacións de compravenda de vehículos usados, nas transmisións patrimoniais, na sincronización de datos da Seguridade Social ou na tramitación de axudas do II Plan de rescate.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.