Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/12/2021 | Actualizada ás 17:49
O conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegurou que Ferrolterra e A Mariña están a absorber o "impacto" dos "erros" da "política enerxética do Goberno" central.
Na xornada 'O Porto, motor do cambio de Ferrolterra e A Mariña', no CIS da Cabana, o titular de Economía do Goberno de Feijóo sinalou que a transición enerxética "é un proxecto de futuro", sobre todo en zonas vinculadas a este sector, como Ferrolterra e A Mariña, pero criticou que as decisións do Executivo estean a xerar unha "inestabilidade" que afecta á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, á que considera "unha das grandes damnificadas".
"Estes días", engadiu Conde, "nada é o que parece", en referencia á continuación das descargas de carbón no porto exterior de Ferrol tras máis de dous anos e medio.
"É unha situación difícil de explicar", apuntou, "que se pechen as centrais e que agora se reactiven". "Parece que estamos nunha intransición, no fondo e nas formas, e iso non axuda a xerar confianza e estabilidade", dixo antes de afirmar que o obxectivo "debería ser traballar nesa transición con intelixencia, sen xerar alarma e aplicando o sentido común".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.