Por E.P. | A Coruña | 10/12/2021 | Actualizada ás 18:03
O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino,e o coordinador federal de Alianza Verde, Juantxo López de Uralde, reclamaron a Costas e á Xunta recuperar os ecosistemas de Laxe (A Coruña) polo impacto do dique.
Fixérono nunha visita nesta localidade. Nela, Gómez-Reino dixo que esta obra "modificou as correntes" e pediu ás administracións central e autonómica que se recuperen os ecosistemas "e se acabe coa modificación da liña costeira" pola repercusión tamén na actividade pesqueira.
Pola súa banda, López de Uralde argumentou que se trata dunha infraestrutura realizada "sen ter en consideración os impactos ambientais". "Un dique que modificou as correntes", expuxo, pedindo que se rectifique esta infraestrutura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.