Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 14:04
Tras a aparición na mañá deste domingo dunha pintada na estatua de Federico García Lorca da Alameda, o Ateneo de Santiago quere mostrar a súa repulsa a este acto vandálico e incívico contra un poeta representativo co seu compormiso social e democrático.
"Só dende a ignorancia e a inquina se pode atentar contra unha das personalidades máis relevantes da cultura da primeira metade do século XX", afirman dende a entidade. O Ateneo de Santiago reclama ao Concello a súa máis inmediata restauración da estatua.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.