Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 19:34
Galicia é a comunidade autónoma máis destacada de España en canto ás principais magnitudes económico-empresariais no sector eólico, segundo reflicte o estudo macroeconómico 2020 presentado este luns pola patronal.
Así, destaca que contribuíu con 316 millóns de euros ao PIB, mantén un emprego directo de 3.744 ocupados, que sumados aos indirectos, chega á cifra de 7.500; e posúe 29 centros industriais "de relevancia".
En todas estas categorías, Galicia é a primeira de España. Ademais, dos 66 millóns de euros anuais en concepto de canon, Galicia abonou máis dun terzo: 23 millóns, segundo apunta.
O estudo referido ao exercicio do ano pasado revela que a enerxía eólica é unha peza "clave" para a recuperación económica, segundo a asociación, así como para a competitividade industrial e empresarial.
"O doloroso destes datos é o que non se ve, xa que cada ano estamos a perder 500 millóns de euros de investimento e a creación de 750 empregos", engade EGA.
Por iso é polo que EGA demande á Xunta reducir a moratoria de instalación de novos parques, a non inclusión de novos criterios de distancias aos núcleos de poboación e a non imposición de arquivar os expedientes que están a piques de perder os seus puntos de conexión á rede eléctrica.
"Non entendemos que se nos sigan pondo paus na roda, cando os datos indican que a enerxía eólica achega pingües beneficios económicos e ambientais. Alemaña --cos Verdes no Goberno-- acaba de anunciar que acelerará a transición enerxética, elevando os seus obxectivos de eólica terrestre e mariña", advirte EGA.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.