Os casos confirmados de variante ómicron en Galicia elévanse a nove

A Consellería de Sanidade constata dous positivos máis na área sanitaria da Coruña-Cee.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade confirmou na tarde deste luns que os casos confirmados da variante ómicron en Galicia elévanse a nove. En concreto, trátase de dous positivos máis, ata un total de seis, na área sanitaria da Coruña-Cee, onde o pasado sábado había confirmados catro casos desta variante. Ademais, hai outros tres xa coñecidos na área de Vigo.

Probas PCR para detectar a covid-19
Probas PCR para detectar a covid-19 | Fonte: Europa Press.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, ningunha destas persoas está hospitalizada.

Os dous primeiros casos desta cepa --un deles, dunha persoa que viaxara a África-- foron anunciados o pasado venres polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello. Entón, asegurou que había outros 10 positivos en covid-19 en estudo porque se podían corresponder coa nova variante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta