O alcalde de Madrid comprométese a facer o Camiño de Santiago en 2022

O rexedor trasladou o seu compromiso ao vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, con quen visitou este martes a iluminación con motivos xacobeos instalada en Madrid.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/12/2021 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

O alcalde de Madrid, José Luís Martínez Almeida, comprometeuse a volver facer o Camiño de Santiago o próximo ano, con motivo da celebración do Xacobeo 21/22.

O rexedor trasladou o seu compromiso ao vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, con quen visitou este martes a iluminación con motivos xacobeos instalada en Madrid.

"Para os que nos consideramos madrigallegos como eu, ter o Xacobeo e telo por partida dobre é unha oportunidade e unha escusa perfecta para volver a Galicia un ano máis e para que os miles de persoas que todos os días pasan por esta praza de Atocha teñan aquí este recordatorio", sinalou.

Tras iso, incidiu que, despois de percorrer xa este ano a Ruta Xacobea, volverá facer o Camiño de Santiago o próximo ano "andando".

Pola súa banda, Alfonso Rueda agradeceu ao rexedor o "enorme detalle" destas luces en recordo do Xacobeo e tamén que "predique co exemplo" ao ser "un peregrino habitual". "Está moi ben falar do Camiño de Santiago pero a segunda parte é facelo", sinalou.

"Estivo este ano e espero que estea o ano que vén, agradézolle o madrigalleguismo exercente do que fai gala sempre", destacou Rueda.

O alcalde de Madrid, José Luís Martínez Almeida, xunto ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitan as luces con motivo do Xacobeo. XUNTA
O alcalde de Madrid, José Luís Martínez Almeida, xunto ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitan as luces con motivo do Xacobeo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta