Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 18:01
A Xunta acusou á Delegación do Goberno en Galicia de "apropiarse" de actuacións en conservación da biodiversidade financiadas con fondos europeos "que foron deseñadas e serán executadas en exclusiva" polas consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Medio Rural.
A reacción do Goberno autonómico sae ao paso dun comunicado remitido aos medios este xoves pola Delegación do Goberno sobre os fondos autorizados polo executivo no último Consello de Ministros para accións de biodiversidade.
A Consellería de Medio Ambiente censura que a Delegación do Goberno faga referencia na súa nota de prensa a actuacións como o plan de rexeneración do río Eo ou o proxecto de hábitats nas Illas Atlánticas, cuestións que, di, foron deseñadas e serán executadas pola Administración autonómica.
Neste sentido, asevera nun comunicado o Executivo "só actúa como merapo transmisor" dos fondos que traslada a Unión Europea".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.