Os test de farmacia para nenos de 5 a 11 anos atrásanse pero chegan este venres os primeiros dispoñibles

Experimentaron un bloqueo burocrático en aduanas no porto de Valencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Os test de antíxenos para realizar nas farmacias a nenos de entre 5 e 11 anos experimentaron un atraso por un problema en "aduanas" no porto de Valencia, pero xa viaxaban desde Madrid a Galicia este venres, cando a Xunta espera que poidan chegar para empezar a súa repartición.

Confirmouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en declaracións aos medios este venres nunha visita ao hospital de Conxo, onde acudiu para coñecer as novas ambulancias asistenciais e para pór en valor o traballo do 061.

Comesaña explicou que este test de fluído oral nas farmacias galegas chegarán despois de que a Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas desbloquease a súa distribución por un bloqueo burocrático en aduanas, pero na tarde deste venres estarán as primeiras dispoñibles nalgunhas das farmacias adheridas.

A Consellería de Sanidade lembra que se o resultado é positivo, a persoa deberá confinarse e chamar ao teléfono 881 54 00 45, no que lle indicarán que facer e lle pedirán unha proba PCR.

No caso de que o resultado sexa negativo, "debe igualmente seguir respectando as normas anti covid", que son a máscara --obrigatoria a maior de 6 anos--, a distancia, a hixiene de mans e a ventilación.

Unha farmacéutica entrega un test a unha muller / COLEXIO OFICIAL DE FARMACÉUTICOS DE OURENSE. / Europa Press
Unha farmacéutica entrega un test a unha muller / COLEXIO OFICIAL DE FARMACÉUTICOS DE OURENSE. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta