Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2021 | Actualizada ás 19:21
O pleno ordinario da Deputación de Ourense aprobou este venres a xestión indirecta do servizo intermunicipal delegado de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, pasando amanos dunha empresa concesionaria. O proceso, segundo explicaron, ten como obxectivo mellorar a atención aos concellos, optimizar a recollida selectiva de residuos, potenciar a reciclaxe e incorporar melloras tecnolóxicas.
Esta modificación ten como punto de partida os cambios que están a rexistrar as lexislacións estatais e autonómicas sobre residuos, a consecuencia da aplicación das directivas europeas, nun novo escenario que esixe dos cidadáns, como usuarios, e das administracións, como prestadoras de servizos, un cambio nos modos obxectivos e prioridades no tratamento de residuos.
A pesar de que o cambio saíu aprobado, a oposición votou en contra por consideralo "unha privatización salvaxe". Así o cualificou o Partido Socialista, que esgrimiu que "encarecerá e empeorará notablemente o servizo" sen supor "nada bo nipara a provincia nin para os seus veciños".
Neste sentido, os socialistas lembraron que o servizo público foi implantado polo anterior presidente da Deputación e que, desde a chegada de Manuel Baltar, "xa foi tentado privatizar en varias ocasións sen éxito" e mesmo "con reportes xudiciais". "Vostedes queren facer negocio cun servizo delegado polos concellos na Deputación co diñeiro que recadamos os municipios entre a veciñanza", afearon.
Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego, que tamén votou en contra, sostivo que o modelo actual estaba "moi ben valorado polos concellos" polo que non había motivo para "o intento de privatización".
Así mesmo, sinalou que "no canto de avanzar nas liñas marcadas por Europa en canto a reciclaxe sucede todo o contrario, increméntase a cantidade de lixo producido por habitantes". Así pois, lamentaron que "se siga validando o modelo Sogama para a xestión de lixo", un modelo que cualificaron de "caduco".
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
No apartado propositivo, por unanimidade, aprobouse unha moción pola que a Deputación instará á Real Academia Galega a que se dedique o Día das Letras Galegas de 2023 ao escritor ourensán Antón Tovar.
Así como para levar a cabo os trámites necesarios, en colaboración coa Xunta e co Concello de Rairiz de Veiga, para crear o de Antón Tovar na súa casa natal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.