Un proxecto europeo avanza na recuperación de terreos abandonados en zonas de alta incidencia de incendios

No marco de Forvalue tiveron lugar unas xornadas de intercambio nos municipios de Arbo, As Neves e Carballeda de Avia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2021 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

O proxecto europeo Forvalue, no que participa a Xunta de Galicia, avanza na recuperación de terreos abandonados en zonas de alta incidencia de incendios a través da procura de modelos que melloren a resilencia fronte aos lumes cunha visión transfronteiriza.

En concreto, técnicos do Centro de Investigación Forestal, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal participaron nunhas xornadas de intercambio nos municipios pontevedreses de Arbo e As Neves e no ourensán de Carballeda de Avia, establecidas no marco deste proxecto europeo.

Nos encontros, dos que informou a Consellería do Medio Rural nun comunicado, debatéronse medidas para revalorizar e recuperar os terreos abandonados nesas zonas, seleccionadas pola alta incidencia de incendios.

Coordinadas pola Dirección Xeral, nas xornadas participaron integrantes da mencionada iniciativa europea xunto cos alcaldes de cada un dos municipios, percorrendo as zonas e tratando tanto as problemáticas como as oportunidades que ofrece cada caso para a revalorización e recuperación dos terreos que están abandonados.

A partir das cuestións presentadas, a Xunta destacou que se seguirá elaborando un proxecto de xestión de cada zona piloto que volverá ser debatido nun taller técnico que se celebrará no próximo mes de febreiro.

Segundo sinalou Medio Rural, estas áreas piloto de Arbo, As Neves e Carballeda de Avia foron seleccionadas pola súa alta incidencia histórica de incendios forestais. Así, o obxectivo é achegar coñecementos técnicos que axuden a unha xestión máis eficiente desas zonas favorecendo a xestión conxunta do territorio.

En definitiva, preténdese avanzar na práctica en modelos que melloren a resiliencia con visión transfronteiriza e xerar unha interacción entre marcos técnicos e institucionais (galego e portugués) de aprendizaxe mutúo.

Xornadas do proxecto europeo Forvalue que avanza na recuperación de terreos abandonados en zonas de alta incidencia de incendios. XUNTA
Xornadas do proxecto europeo Forvalue que avanza na recuperación de terreos abandonados en zonas de alta incidencia de incendios. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta