Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/04/2014 | Actualizada ás 19:13
A asociación Galicia Bilingüe (GB), presentou unha denuncia ante o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, a instancias, supostamente, dun grupo de pais de alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. O motivo é que neste espazo se usa "gallego reintegracionista".
GB tamén critica que durante as 'Xornadas de órgano Mariano Tafall' celebradas na catedral e que finalizaron o pasado mes de marzo, os asistentes recibiron un programa cos anagramas da Xunta e da Universidade de Santiago, entre outros, "pero escrito en una lengua extraña".
Así, esta entidade di que o equipo de Dinamización da Lingua Galega do mencionado centro, cuxa responsable é a profesora Isabel Rei, utiliza un "sucedáneo del portugués, unha variante llamada reintegracionista y lo hace tanto en la página web de su blog en el conservatorio, como en follestos impresos de conciertos y jornadas", denuncia nun comunicado.
De feito, a organización de Gloria Lago usa unha rede social para atacar a Isabel Rei e criticar que ela chama de "Dinamizaçao" ao "equipo de dinamización". "Además se jacta en las redes sociales de enviarle a la Xunta la documentación preceptiva para obtener ayuda económica adicional para su departamento, también reintegracionista", engade a nota.
GC tamén utiliza o perfil das redes sociais de Isabel Rei para denunciar que critica á monarquía española, apoia aos independentistas galegos e "profiere frases vejatorias contra las fuerzas del orden y expresa su apoyo a los violentos". "Dice que ni la Xunta, ni María Santísima, pueden esigir en todo el reino borbónico español (sic) que se envíe la documentación en gallego normativo y anima a otros compañeros a secundarla", apunta.
Galicia Bilingüe entende, pois, que "este tipo de profesores" poden resultar moi incómodos á Consellería de Educación á hora de facer cumprir as normas, pero lémbralle ao conselleiro na súa denuncia que a normativa da Real Academia Galega (RAG) é a recoñecida como lingua oficial en Galicia polo Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística.
"Si la Consellería exige el uso del gallego normativo de la RAG incluso a los alumnos de primaria y secundaria participantes en su concurso de tarjetas de Navidad, ya que se hace constar que no se aceptará ninguna que no vaya redactada en el gallego normativo de la RAG, con mayor razón ha de exigirse el uso del gallego normativo a un equipo de dinamización del gallego de un centro educativo", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.