Feijóo, contacto estreito dun positivo, reduce axenda aínda que ten PCR negativa e está libre de corentena

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rebaixou a súa axenda tras resultar contacto estreito dunha persoa con diagnóstico positivo en covid-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2021 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rebaixou a súa axenda tras resultar contacto estreito dunha persoa con diagnóstico positivo en covid-19.

Segundo informou o Executivo autonómico, o mandatario galego realizou unha PCR con resultado negativo e, ao estar vacinado co tres dose, non ten a obrigación de gardar corentena. Aínda así, a Xunta subliña que o protocolo establece que debe aumentar as precaucións e limitar as interaccións sociais.

Por iso, apunta que reducirá axenda esta semana e informa de que a comparecencia deste mércores, tras o Consello da Xunta, será telemática, a través de videoconferencia O Executivo autonómico tamén confirmou que o contacto estreito do presidente non é positivo de ningún outro membro do Goberno.

O presdiente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello do 10 de decembro.. XUNTA
O presdiente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello do 10 de decembro.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta