Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2021 | Actualizada ás 21:07
O Goberno galego autorizou na súa reunión semanal a firma dun convenio de colaboración co Concello de Castrelo de Miño para desenvolver as actuacións necesarias para reducir os niveis de arsénico do sistema de abastecemento municipal de auga.
Así, a Xunta destinará 400.000 euros a financiar as obras precisas para abastecer á poboación con garantías sanitarias e a redacción do proxecto para a solución definitiva deste problema.
O Concello de Castrelo de Miño realizou o pasado 17 de decembro unha declaración de emerxencia para afrontar as incidencias do abastecemento en colaboración con Augas de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.