Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/12/2021 | Actualizada ás 11:29
O persoal sanitario do CHUAC saíu a rúa este xoves nunha xornada de protesta diante da porta de Urxencias deste hospital para denunciar a "incompetencia" do Sergas na xestión da sexta onda da covid en Galicia. De feito, piden a comprensión e a axuda da cidadanía nestes duros momentos. "Somos os mesmos que loitaron por ti nesta pandemia sen medios e sen descanso", lembran.
Ademais, os profesionais sanitarios denuncian o cumprimento do pacto asinado ca Xerencia Sanitaria da Coruña en marzo de 2019 xa que non se respectan os cocientes asistenciais por paciente nin se está a manter o persoal en todo momento ao 100% para garantir a calidade. "Facemos un chamamento a toda a poboación para que nos apoie e acompáñenos nestas mobilizacións ante esta situación insustentable que afecta directamente á saúde das persoas, froito dunha insuficiente e incompetente xestión do sistema", denuncian.
"A situación é desbordante e case colapso nalgunhas zonas", apunta un médico consultado por GC que suliña que nalgunhas áreas empézase a acusar a "falta de persoal" pola necesidade que Sanidade ten por manter a situación de control nos hospitais Así, lembra que na área Sanitaria da Coruña estanse denegando permisos e vacacións a moitos sanitarios e en atención primaria, os centro de saúde que só tiñan horario de mañá, agora tamén atenden polas tardes.
O persoal sanitario anuncian que continuarán con esta prostesta o vindeiro venres, 7 de xaneiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.