Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2021 | Actualizada ás 17:05
O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) fixo un chamamento a doar sangue ao presentar niveis baixos de reserva o Cero e A positivo. Pola súa banda, os grupos Cero e A negativo atópanse en niveis normais, segundo o 'Semáforo do sangue' do Centro de Transfusión de Galicia.
O CTG lembra que son necesarias unhas 500 doazóns de sangue cada día para atender as necesidades dos hospitais galegos para operacións, transplantes, transfusións e outras intervencións sanitarias.
Por iso, a partir do próximo luns as unidades móbiles da CXT desprazaranse ás localidades coruñesas de Cariño, Ordes, Vimianzo, A Baña e Dodro; así como ás lucenses de Becerrea e A Fonsagrada. Ademais, estarán o luns na cidade de Ourense, na rúa do Paseo e no barrio de San Francisco. Ese mesmo día, acudirán na provincia de Pontevedra ás localidades de Moraña, Redondela e Arbo.
Ao longo de toda a próxima semana as unidades do CTG visitarán máis dunha trintena de localidades galegas para recoller doazóns de sangue.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.