Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2022 | Actualizada ás 12:27
Manuel Charlín Gama, patriarca dun dos clans do narcotráfico galego, faleceu este venres 31 de decembro aos 89 anos en Vilanova de Arousa.
Ao parecer, o falecemento produciuse nos arredores do seu domicilio no concello pontevedrés.
En 1990, Charlín foi un dos detidos na Operación Nécora, aínda que saíu absolto. Na década dos 2000 si foi condenado por branqueo de diñeiro e delitos contra a facenda pública. Saíu en liberdade en 2010.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.