Así foi a Noitevella: sen incidencias importantes tras o toque de queda

A Policía Local só tivo que actuar nalgún botellón e outra pequena incidencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2022 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O 2022 comezou sen incidencias graves nas cidades galegas tras unha Noitevella marcada polo 'toque de non queda' e o horario limitado do lecer nocturno.

Os corpos de Policía Local das cidades galegas aseguraron a Europa Press que a noite de fin de ano transcorreu "sen incidencias destacables" e co cumprimento de forma xeral do "toque de non queda" entre as 03,00 horas e as 06,00 horas da madrugada.

Con excepción de feitos puntuais, como a detención dunha muller en Ourense por un presunto delito de atentado a axentes da Autoridade, a maioría de infraccións cometidas tiveron que ver co tráfico tras a celebración das ceas para despedir o ano.

A Policía Local tivo que actuar para despexar a celebración de botellóns puntuais como os sucedidos na Praza de Portugal en Vigo. Tamén, tiveron que intervir por incidentes menores como o lanzamento de petardos e algunhas festas en pisos que, ao longo desta noite nestas cidades, foron unha excepción en Galicia.

Un voluntario sostén un prato para servir no Fodar Do Transeunte, durante a noite de Fin de Ano, a 31 de decembro de 2021, en Ourense. Rosa Veiga - Europa Press
Un voluntario sostén un prato para servir no Fodar Do Transeunte, durante a noite de Fin de Ano, a 31 de decembro de 2021, en Ourense. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta