O Concello da Coruña convoca 89 prazas de funcionario de libre acceso e 16 de promoción interna

O maior número de prazas convocadas correspóndense con postos do corpo da administración xeral.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/01/2022 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña convocou 89 prazas de funcionariode libre acceso para diferentes postos da Administración local, ás que poden acceder todos os opositores que cumpran os requisitos. Trátase, asegura o goberno local, "da maior convocatoria de emprego público de libre acceso feita nun só ano na historia da Administración local".

Para o concelleiro de Recursos Humanos, José Manuel Lage Tuñas, "o goberno cumpre así co compromiso de promover a creación pública de emprego e faino dando prioridade as áreas que prestan servizos esenciais".

O maior número de prazas convocadas correspóndense con postos do corpo da administración xeral que teñen atribuídas funcións comúns no exercicio da actividade administrativa, que superan as 61, entre auxiliares administrativos, técnicos medios de xestión e técnicos de administración xeral.

O seguinte grupo máis numeroso é o de traballadores sociais e técnicos de apoio social, con 15 prazas. Convócanse tamén tres plazas de axudante de cemiterio e dous de informática. Ademais, o Concello oferta prazas de oficial do Servizo de Extinción de Incendios, de psicólogo clínico, de técnicos de medio ambiente e de organización, de técnicos superiores de Economía e de Mobilidade, e de técnicos medios de Educación e de promoción do emprego.

O Concello convoca tamén 16 prazas de promoción interna para estabilizar o emprego do persoal do Concello, con 14 prazas de administrativo e dous de auxiliar de bibliotecas.

O concelleiro de Recursos Humanos, José Manuel Lage. ANDY PEREZ
O concelleiro de Recursos Humanos, José Manuel Lage. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta