A Xunta ten xa dispoñible a web para a autodeclaración de positivos en covid-19

O portal abrirá un formulario que o paciente terá que encher cos datos persoais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2022 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade ten ten xa habilitada a web para que todas aquelas persoas que dean positivo nun test de autodiagnóstico de covid-19 poidan declaralo ás autoridades. Este portal abrirá un formulario que o paciente terá que encher os seus datos persoais --nome, apelidos, DNI e data de nacemento-- xunto ao seu móbil e o municipio no que reside, así como a data en que se fixo a proba.

A partir de entón, recibirá unha chamada da Central de Seguimento de Contactos (CSC), que realizará ao paciente un cuestionario sobre os seus contactos estreitos e darlle as instrucións de illamento.

Posteriormente, chamaralle o seu médico de cabeceira ou o seu pediatra --en caso de nenos-- para tramitar a baixa ou atenderlle os síntomas que presente. Este mesmo facultativo reiterará a súa chamada ao sétimo día de corentena para confirmar o seu estado e, se procede, darlle o alta epidemiolóxica.

Así o explicou este martes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ofrecida xunto ao titular de Cultura, Educación e Universidade, na que avanzou que toda a cidadanía pode comunicar o seu positivo a través desta web.

Anteriormente, tamén se podía facer nas oficinas de farmacia e no teléfono 881 54 00 45. Pero a atención neste número "non era todo o áxil que nos gustaría", recoñeceu Comesaña, dada a avalancha de contagios das últimas semanas.

Todo iso a pesar de que agora, segundo a cifra que deu, hai unhas 130 persoas que "de modo específico" traballan respondendo as chamadas a este número. Pero o certo, engadiu, é que un formulario web "é moito máis áxil e rápido".

Formulario web da Consellería de Sanidade para a autodeclaración de positivos por covid-19.. WEB DA CONSELLERÍA DE SANIDADE
Formulario web da Consellería de Sanidade para a autodeclaración de positivos por covid-19.. WEB DA CONSELLERÍA DE SANIDADE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta