Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2022 | Actualizada ás 09:00
Albert Pla regresa aos escenarios galegos co seu espectáculo MIEDO 2.0. O proxecto, concibido como resposta á incerteza da pandemia, chegará ao Teatro Jofre de Ferrol este 28 de xaneiro ás 20.30 h cunha posta escea que combina música e video mapping --proxeccións-- para reflectir a súa revisión e adaptación deste "sentimento de angustia que nos paraliza".
O espectáculo combina voz e música acompañadas dun sorprendente vídeo mapping do estudio nueveojos, ferramentas que o polifacético artista catalán empregará para indagar mas implicacións destes tempos pandémicos, inimaxinables até non hai moito. O deseño da arte vén do colectivo arxentino Mondongo, de recoñecido prestixio internacional, as composicións musicais correron a cargo de Raül Refree, músico, compositor e un dos produtores musicais máis talentosos de España. Pepe Miravete é o responsable da dirección teatral desta coprodución do Complejo Teatral de Bos Aires, cidade na que se estrou esta peza única que agora chega a Ferrol. As entradas véndense a partir dos 18€ na web de ATaquilla.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.