Galicia pode actuar como un estado independente dentro da CPLP

A Comunidade dos Países de Língua portuguesa cre que Galicia pode aportar 55,8 millóns de euros e aumentar o espazo económico deste grupo e beneficiarse dun grupo que pode mover o 10% do PIB mundial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/04/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Galicia perfilase como unha das economías máis avanzadas na integración no espazo da Comunidade dos países de língua portuguesa (CPLP). Así o cren algúns dos membros deste grupo de países que teñen en común a lingua portuguesa.

De feito, a integración de Galicia neste espazo está case ao mesmo nivel que a de Guinea Ecuatorial, que pode ser un membro efectivo o vindeiro xullo. Os seus socios cren que a integración de ambas as dúas economías reportaría un impulso de preto de 76 mil millóns de euros ao peso económico do bloque. 

A maior parte dese potencial económico provén de Galicia. Con 2,8 millóns de habitantes, "ten unha economía de preto de 55,8 mil millóns de euros, con importante industria automóbil, téxtil, forestal, entre outras", apuntan.

Lazos de Galicia cos países de fala portuguesa

Será en Xullo cando Guinea Ecuatorial, cuxa economía vale 19,7 mil millóns de dólares (14,2 mil millóns de euros), cando se adhira como membro de pleno dereito á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa. Pola contra, Galicia depende do que diga o Estado español e a CPLP, aínda que a maior parte dos seus membros está a favor desta integración. Así, destacan os importantes lazos históricos e culturais con Portugal, así como a lei aprobada a pasada semana na Cámara galega para impulsar as relacións coa lusofonía; sobre todo cos oito países deste espazo; Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Timor Leste, Guiné Bissau, Sao Tomé e Príncipe e Cabo Verde.

A lei 1/2014, tamén coñecida como lei Paz Andrade, "para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonia", suliña que o portugués é hoxe a lingua máis falada no Hemisferio Sur e idioma de traballo de 20 organizacións internacionais, como a Unión Europea, e lingua oficial de "nove países e do territorio de Macau, en China".

Destacan desde a CPLP que esta norma tamén recolle que "para a melloría do desenvolvemento social, económico e cultural galego, as autoridades deben promover todas cantas medidas sexan posíbeis para mellor valorizar esta vantaxe histórica". E sen se referir especificamente á CPLP ou ao Fórum Macau, os dous grandes polos diplomáticos e políticos do espazo de lingua portuguesa, a lei galega determina a "participación das institucións en foros lusófonos de todo tipo", nomeadamente económico e cultural. Por iso cren que a incorporación a este espazo pode ser unha boa medida.

De efectivizarse a entrada de Galicia no CPLP, o país funcionaría cuasi de facto como un estado independente para impulsar unhas relacións económicas e culturais privilexiadas cos países de fala portuguesa.

Depende do que diga a CPLP e o Estado español

Con todo, polo momento, non hai nada claro respecto a este asunto. Como xa avanzou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, nunha entrevista na RTP, hai "vontade" por parte da Xunta en adherirse a este grupo, "pero depende do que diga a propia CPLP e o Estado español".

A adhesión da Guinea Ecuatorial á CPLP deberá ser realidade xa en xullo, no cumio da organización en Dili, despois de que este país cubra os requisitos esixidos.

O peso económico da Guinea Ecuatorial, que resulta dunha importante industria petrolífera, xa se fai sentir en Portugal, onde recentemente un fondo de investimento público chegou a acordo para comprar unha participación no banco Banif.

Economía forte

Segundo o presidente da Confederación Empresarial da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CE-CPLP), Salimo Abdula, o PIB conxunto dos países de lingua portuguesa representa hoxe preto de 4 por cento do total mundial, con tendencia de crecemento.

En recentes declaracións, Abdula prevía que os países de lingua portuguesa poderán representar o 10% do PIB mundial dentro de dez ou quince anos, se os gobernos se xuntaran e apostaran por unha certa comunidade económica.

"Temos condicións, fomos bendecidos, temos recursos naturais de gran dimensión descubertos nos últimos dez anos, temos man de obra moza e, se nos posicionarmos como debe ser, levando a tecnoloxía necesaria para dar máis valías ás nosas riquezas naturais onde elas existen, podemos transformar a CPLP nunha estrela", dixo Abdula á Axencia Lusa.

Ademais, os trocos comerciais entre a China e os países de lingua portuguesa  aumentaron 2,31% en 2013, con 131,4 mil millóns de dólares, co Brasil mantendose como o principal socio económico da China, (89,85 mil millóns de dólares de trocos, 5,11% máis en termos anuais).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 118 comentarios

26 Patriasi Colonianon

O sol non se tapa cas mans e aínda menos ca garra da galiña negra ou tricolor. Viva Galiza Livre e os nosos hirmaos de Portugal! Fora a barbarie e o dividir para mellor someter.

1 AUVx

Que che guste o colonialismo portugués, non quere dicir que lle guste os demáis. Por sorte Galicia nunca foi portuguesa e non o será nunca.

25 Patriota

Nin imperialismo lisboeta, nin madrileño. Son os mesmos fracasados. Galego lingua independente sempre.

1 un de tantos

O lusismo xa non ten nin argumentos, máis alá de trocar Madrid por Lisboa non razonan. Non lles da a cabeza pra máis.

2 Ninvento nincasamento

Isto nas guerras ten o nome de contraintelixencia. Comparar unha nazón que ven dunha vella rexión do noso país cos nosos actuais opresóres é proprio das confusións e autoodios que fomenta o colonizador dos colonizados.

3 aEh7

Lisboa é como Madrid, o mesmo imperialismo, senón peor, que nin autonomías nin partidos nacionalistas permite, pero como hai mil anos Galicia incluía algún territorio do norte do actual Portugal, hoxe temos que rendirlle pleitesía a Lisboa, é o que pensan e non dan máis.

4 Trapalhada

Manda caralho, agora resulta que os reintegratas somos agentes do "imperialismo português"... menos parvadas, então os que usades o "ñ" espanhol que sodes? agentes do imperialismo espanhol? (eu não acredito nisso)Não reduzades os argumentos reintegratas ao absurdo. Que há loucos reintegratas por suposto, mas também os há isolacionistas. Acho que aqui todos e todas estamos pela defensa do galego, o único que temos estratégias ou visões diferentes sobre a melhor maneira de fazê-lo.

5 Desleigado

O ñ noné utilizado como grafema por ningunha lingua romance que non sexa o español, a lingua colonizadora, a de " pasajeros al tren y gallegos también" "gallego el último" " espe cuchillo no vale ni para capar gallegos" " siete clases de gallegos: finos. Entrefinos, marranos y cochinos, que ladran y que muerden y que ni su madre los entiende" O masoquismo é livre, péga que eu gosto.

6 Castelao o traidor

“O galego é un idioma estenso e útil, porque -con pequenas variantes- fálase no Brasil, en Portugal e nas colonias portuguesas” (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, 1944)

7 Biqueira o traidor

“O galego, não sendo uma língua irmã do português, senão uma forma do português (como o andaluz do castelhano), tem-se que escrever, pois, como o português. Viver no seu seio é viver no mundo: é viver sendo nós mesmos” (Xoan Vicente Biqueira)

8 Risco o traidor

“o galego e o português são duas formas dialectais do mesmo idioma” (Vicente Risco)

9 As Irmandades traidoras

“todos estamos obligados a trabajar para que, en un próximo futuro, se llegue a una unificación lo más completa posible en la ortografía gallega por parte de nuestros escritores, hasta conseguir incluso identificarla con la portuguesa en la mayoría de los casos, toda vez que se trata, al fin y al cabo, de una misma lengua” (Irmandades da Fala, 1933)

10 Grupo NÓS os traidores

“Nós, que de cote se ten preocupado pol-a colaboración espiritual de portugueses e galegos, non pode por menos de acoller con entusiasmo as iniciativas do Dr. Rodríguez Lapa, mesmo na ideia qu’apunta d’un acordo luso-galaico pr’a reforma ortográfica, para nós tan indispensábele” (Revista NÓS, 1933)

11 Casas o traidor

“Cuido que deveríamos sujeitar-nos no possível ao português, tanto mais que, na maior parte dos casos, ficávamos mais dentro das nossas formas originárias [...] seria muito conveniente um encontro de filólogos portugueses e galegos, para a unificação possível das nossas línguas” (Álvaro das Casas, 1934)

12 Murguia o traidor

«O galego e o português são um mesmo na origem, gramática e vocabulário. Por que não aceitar a ortografia portuguesa? Se nos foi comum em outros tempos, por que não há de sê-lo de novo?» (Manuel Murguia)

13 Celso Emilio o traidor

«O nosso idioma, por outra parte, sendo como é matriz do galaico-português, tem um futuro radiante. Pensemos no Brasil que dentro dumas dúzias de anos, será um país tão importante e poderoso como os Estados Unidos, ou a URSS, de hoje. No Brasil fala-se a nossa língua» (Celso Emilio Ferreiro, 1964)

14 Vilar Ponte o traidor

«Não há palavra netamente portuguesa que não seja netamente galega e vice-versa» (Antom Vilar Ponte)

15 Cunqueiro o traidor

«Quando consigamos a unificação ortográfica do galego com o português, o nosso idioma poderá ser falado por 200 milhões de pessoas» (Álvaro Cunqueiro, 1969)

16 Só Galego

E Risco era racista e varios autores desas citas eran integristas católicos, o mundo cambia e non teño que sustituir o galego polo portugués polas crenzas do século XIX.

17 O Príncipe dos Mouros

Temos, como galegos, a folla de ruta marcada mesmo antes de nacer por aqueles que exerceron o seu dereito ao libre pensamento e que agora nolo negan a nós. Falan de certos autores do galeguismo coma se falasen de patriarcas, de profetas, de Mahoma. O lusismo é integrismo relixioso, cego, que é incapaz de recoñecer ao que pensa distinto. Cal é a diferenza de que nos gobernen a 500 km en Madrid ou 500 km en Lisboa? Onde quedou aquilo de "gobernemos nós a nosa terra"? O síndrome do colonizado neste país é moito máis grave do que eu pensaba; son incapaces de imaxinaren unha Galicia soberana e independente, tamén cultural e lingüísticamente. Só queren trocar o amo.

24 Patriasi Conialianon

O único galego cualificado para a normalización lingüística no noso país foi Carballo Calero, que foi apartado polos seus antecedentes patrióticos e democráticos. Os provincianos rexionalistas son os que miran aos de ponferrada como forasteiros e aos manchegos e sevillanos como camaradas dunha esquerda rupturista. España ten os días contados e o colaboracionismo español ten menos futuro que Beiras Torrado.

1 Snk9

E que lle deu a catedra a Carballo Calero, cecais a administración franquista en 1972? Os que non tedes futuro en Galicia sodes os luso bloqueiros, ides ir de chasco en chasco na noite electoral.

2 choupana

Snk9, que ridículo és. Carbalho loitou no bando republicano (Piñeiro fijo-o no nacional) e por isso (para além de por ser reintegracionista) foi (e ainda é) marginado. Tu já liche algo sobre isto ou estás ainda co mortadelo e filemón?

3 Snk9

Comparar a talla de Piñeiro, un intelectual de verdade, cun profesor de instituto vido a máis como Carballo Calero, xa indica o voso ridiculo nivel mental.

23 Choupana

O estado espanhol nom vai permiti-lo. E a CPLP tampouco, porque Portugal nom quer criar problemas com Madrid.

1 Menos vitimismo

A CPLP não é de Portugal, acho eu. Neste momento em Portugal governa a Opus Dei, que tem estreitas relações com Madri, mas tem os dias contados.