Galicia pode actuar como un estado independente dentro da CPLP

A Comunidade dos Países de Língua portuguesa cre que Galicia pode aportar 55,8 millóns de euros e aumentar o espazo económico deste grupo e beneficiarse dun grupo que pode mover o 10% do PIB mundial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/04/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Galicia perfilase como unha das economías máis avanzadas na integración no espazo da Comunidade dos países de língua portuguesa (CPLP). Así o cren algúns dos membros deste grupo de países que teñen en común a lingua portuguesa.

De feito, a integración de Galicia neste espazo está case ao mesmo nivel que a de Guinea Ecuatorial, que pode ser un membro efectivo o vindeiro xullo. Os seus socios cren que a integración de ambas as dúas economías reportaría un impulso de preto de 76 mil millóns de euros ao peso económico do bloque. 

A maior parte dese potencial económico provén de Galicia. Con 2,8 millóns de habitantes, "ten unha economía de preto de 55,8 mil millóns de euros, con importante industria automóbil, téxtil, forestal, entre outras", apuntan.

Lazos de Galicia cos países de fala portuguesa

Será en Xullo cando Guinea Ecuatorial, cuxa economía vale 19,7 mil millóns de dólares (14,2 mil millóns de euros), cando se adhira como membro de pleno dereito á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa. Pola contra, Galicia depende do que diga o Estado español e a CPLP, aínda que a maior parte dos seus membros está a favor desta integración. Así, destacan os importantes lazos históricos e culturais con Portugal, así como a lei aprobada a pasada semana na Cámara galega para impulsar as relacións coa lusofonía; sobre todo cos oito países deste espazo; Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Timor Leste, Guiné Bissau, Sao Tomé e Príncipe e Cabo Verde.

A lei 1/2014, tamén coñecida como lei Paz Andrade, "para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonia", suliña que o portugués é hoxe a lingua máis falada no Hemisferio Sur e idioma de traballo de 20 organizacións internacionais, como a Unión Europea, e lingua oficial de "nove países e do territorio de Macau, en China".

Destacan desde a CPLP que esta norma tamén recolle que "para a melloría do desenvolvemento social, económico e cultural galego, as autoridades deben promover todas cantas medidas sexan posíbeis para mellor valorizar esta vantaxe histórica". E sen se referir especificamente á CPLP ou ao Fórum Macau, os dous grandes polos diplomáticos e políticos do espazo de lingua portuguesa, a lei galega determina a "participación das institucións en foros lusófonos de todo tipo", nomeadamente económico e cultural. Por iso cren que a incorporación a este espazo pode ser unha boa medida.

De efectivizarse a entrada de Galicia no CPLP, o país funcionaría cuasi de facto como un estado independente para impulsar unhas relacións económicas e culturais privilexiadas cos países de fala portuguesa.

Depende do que diga a CPLP e o Estado español

Con todo, polo momento, non hai nada claro respecto a este asunto. Como xa avanzou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, nunha entrevista na RTP, hai "vontade" por parte da Xunta en adherirse a este grupo, "pero depende do que diga a propia CPLP e o Estado español".

A adhesión da Guinea Ecuatorial á CPLP deberá ser realidade xa en xullo, no cumio da organización en Dili, despois de que este país cubra os requisitos esixidos.

O peso económico da Guinea Ecuatorial, que resulta dunha importante industria petrolífera, xa se fai sentir en Portugal, onde recentemente un fondo de investimento público chegou a acordo para comprar unha participación no banco Banif.

Economía forte

Segundo o presidente da Confederación Empresarial da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CE-CPLP), Salimo Abdula, o PIB conxunto dos países de lingua portuguesa representa hoxe preto de 4 por cento do total mundial, con tendencia de crecemento.

En recentes declaracións, Abdula prevía que os países de lingua portuguesa poderán representar o 10% do PIB mundial dentro de dez ou quince anos, se os gobernos se xuntaran e apostaran por unha certa comunidade económica.

"Temos condicións, fomos bendecidos, temos recursos naturais de gran dimensión descubertos nos últimos dez anos, temos man de obra moza e, se nos posicionarmos como debe ser, levando a tecnoloxía necesaria para dar máis valías ás nosas riquezas naturais onde elas existen, podemos transformar a CPLP nunha estrela", dixo Abdula á Axencia Lusa.

Ademais, os trocos comerciais entre a China e os países de lingua portuguesa  aumentaron 2,31% en 2013, con 131,4 mil millóns de dólares, co Brasil mantendose como o principal socio económico da China, (89,85 mil millóns de dólares de trocos, 5,11% máis en termos anuais).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 118 comentarios

22 O Príncipe dos Mouros

Galicia pode actuar como Estado independente na Unión Europea e na OTAN. Para a CPLP que vaia Madagascar ou Botswana!

1 Capoeira de Angola

Faltou-che mencionar Ruanda, como o Rajoi. Mas, atenção, amiguinho racista, atenção. Que o mundo está a mudar e os pobres de hoje vão ser os ricos de amanhã... e vice-versa.

2 O peteiro feroz

E quem és tu para decidir se os galegos queremos estar na União Europeida ou na Organização Terrorista do Atlântico Norte? Estão malucos estes sionistas de Vigo!

21 Só galego

A diferencia entre eses paises e Galicia é que a nós nunca poideron conquistarnos, entón non falamos a súa lingua, senón a nosa e coas nosas normas, e o que queira cambialo que monte nun tanque e veña probar sorte.

1 Brais

As nosas normas? Amiguiño. Nós usamos a ortografia do castelán. Ademais galego e portugués eran o mesmo no século XV. Cando nace o galego moderno? No século XIX. Nunca listes Castelao, Vilar Ponte, Viqueira, Risco, etc...

2 Brais

Que non nos conquistaron? Non, ... antes diciamos "te voy dicir una cosa". Agora dicimos "vouche a decir unha cousa". E agora os ratos enchen a TVG. "Venha, vémonos dentro dun rato".

3 Brais

Voume pasar ao reintegracionismo.

4 Filologo

Seguro, pero antes le a "crónica troiana", texto galego do século XIV, e me contas en que se parece o portugués, que falar de oidas é o que ten.

5 DigoEu

As actuais diferencias entre galego e portugués débense á forte influencia do castelán á que está sometido o galego desde que Galicia foi incluída no reino de Castela, e aceleradisimamente desde o século XX. ¿Que é o galego senón portugués groseiramente castelanizado? ¿Que é o portugués senón, fundamentalmente, galego conservado? Cada vez máis fálase un galego ridículo, que non parece outra cousa máis que un castelán mal falado. A este paso, o galego ten os días contados, porque iso que din de "o galego de toda a vida" NON EXISTE. Non hai un galego de toda a vida porque o galego está constantemente cambiando e evolucionando en dirección a cada vez unha maior castelanización. Non se fala igual o galego hoxe que hai trinta anos, menos aínda se son cincuenta, menos se son cen, e así sucesivamente.

6 DigoEu

É dicir, o galego está máis castelanizado hoxe que onte pero menos que mañá.

7 q5BK

Os lusistas sodes ana lfabetos, simplemente iso, no século XIV o galego xa era diferente do portugués, pero vos a repetir a matraca que oichedes. Que vos den. Tampouco ides conseguir nada.

8 Capoeira de Angola

Pois eu penso que estamos a conseguir bastante... ;-)

9 Aínda fica Portugal

Non hai patriotismo galego contra si proprio como non hai patriotismo español anticastellano. É o enemigo colonizado, o lumpem que milita no achegamento a Madrid e no alonxamento de Lisboa. Castelao dixo sempre que o día que a prensa de Lisboa chegara antes que a de Madrid a nosa Nación deixaría de estar en perigo. Un antiportugués dialectalista traballa conscientemente para o noso sometimento a España.

20 Língua Sem Fronteiras

Olhai o que dizem os «imperialistas» portugueses: http://www.sermosgaliza.com/articul...

19 Daniel

A CPLP apoiará a Galiza como membro de pleno direito caso seja um estado independente e tenha a língua portuguesa como uma das línguas oficiais, aqui não há qualquer dúvida até porque a Guiné Equatorial irá adoptar a língua portuguesa como língua oficial, já estão equipas de países africanos de língua portuguesa nomeadamente de Angola e Moçambique a implementar a aprendizagem do português nesse país, quanto à Galiza penso que poderá ter um estatuto de membro observador enquanto esse país não se torne efectivamente independente.

1 un máis

O 99% dos galegos dalle igual a lusofonia e o que faga Guinea Ecuatorial. Cada un coa súa lingua e cada un na súa casa.

2 outro demagogo

O 99 por cento dos galegos pasa da normativa oficial, da RAG e do ILGA, tampouco lle importa o que falan en Guinea Ecuatorial (castelan con norma de galego, verdade?). Pechemos as portas (menos a España, que tanta normativa nos ofrece aos desvalidos), preservemos a pureza racial e poñamos gardas nas fronteiras, que nos invaden!

3 DigoEu

Non o 99% mais si a maioría absoluta dos galegos elixe con reincidencia os franquistas para gobernaren tanto en España como en Galicia. Así que a maioría absoluta dos galegos o que precisa é desasnarse.

18 hqKB

Dades grima lusistas, mentindo as 24 horas do día pra colocarvos de profesores de portugués. O galego e o portugués teñen grandisimas diferencias, como sistemas fonéticos diferentes (con vocais abertas e pechadas diferentes e simbolos propios), mentres que o arxentino e o andaluz poden ter unha pronunciación distinta con respecto o castelán, pero non un sistema fonético propio. Por iso un castelán entende un arxentino, pero un galego non entende un portugués.

1 GZemP

Eu sou galego e entendo o português, que me passa doutor?

2 Luçista

O galego de Camarinhas e o do Courel então são línguas diferentes, olha: num dizem "limóns", no outro "limõis", num dizem «mêdo» (com E fechado), no outro dizem «médo» (com E aberto), num dizem «cantades», no outro «cantais», num dizem «fixemos», no outro «fizemos», num dizem «irmáns», no outro «irmãus», num dizem «cabessa», no outro «cabeZa», num dizem «maceira», no outro «maçairo»,num dizem «ghato», no outro «gato»... não sei como caralho se entendem! Está claro que CAMARINHÊS e COURELÃO são línguas de seu totalmente diferentes!

3 Só Galego

Que si, que os de Camariñas teñen un sistema de 30 fonemas diferentes que os do Courel e uns símbolos ortográficos propios... Hai Tempo que perdechedes a chaveta os lusistas.

4 Fonemâtico

Os símbolos ortográficos são uma convenção. Eu no meu galego não tenho nenhum «símbolo ortográfico» diferente. Sobre os fonemas, não fales do que não sabes, que irás ficar em ridículo. Jogo a vida a que não és capaz de citar 30 fonemas que tenham os do Courel e não tenham os de Coimbra ou vice-versa. Venha, adiante, ou nos dizes esses 30 fonemas ou cala a boca para sempre.

5 BwcH

Ti confundes O Courel con Coimbra, dame que nunca estiveches por alí, nin oiches o galego de Uxio Novoneira, quen por certo era isolacionista. Pero o fanatismo é o que ten. A ignorancia.