A ampliación da residencia de Boimorto tratada entre Feijóo e a alcaldesa da localidade

O presidente e a alcaldesa estudaron a posibilidade de ampliar o centro de maiores ata as 20 prazas para "procurar un equilibrio entre ingresos e gastos, coa intención de reducir o déficit actual".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, mantiveron este martes un encontro no que abordaron actuacións da Administración autonómica no municipio coruñés.

Entre estes proxectos, segundo detalla a Xunta nun comunicado remitido aos medios tras a reunión, está a ampliación da residencia de maiores na localidade ou a rehabilitación da Telleira da Baiuca para construír un albergue.

O presidente e a alcaldesa estudaron a posibilidade de ampliar o centro de maiores ata as 20 prazas para "procurar un equilibrio entre ingresos e gastos, coa intención de reducir o déficit actual".

En canto á rehabilitación da Telleira da Baiuca, está sobre a mesa converter o antigo conxunto industrial nun albergue.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co alcalde de Boimorto, María Jesús Novo. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co alcalde de Boimorto, María Jesús Novo. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta