Denuncian outra "trapallada maiúsula" nos traballos de sega, desta volta no 'Bosque do Pracer'

Ecoloxistas en Acción pide fomentar os usos tradicionais e respectuosos co medio e abandonar os actuais "usos invasivos e agresivos".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2022 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

"Non se pode ter unha vila verde e uns bosques de ribeira cincentos". Así se vén de expresar a organización Ecoloxistas en Acción para advertir e pedir tanto á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda como ao Concello de Verín que extremen as precaucións co "Bosque do Pracer", un espazo ZEPVN que se atopa dentro da Rede Natura.

Bosque do Pracer tras os traballos de sega.
Bosque do Pracer tras os traballos de sega. | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Faino porque, según sinalan os ecoloxistas, as obras (xa concluídas) do plan provincial de cooperación da Deputación de Ourense son unha "trapallada maiúscula". Tal e como apuntan, en Ourense "vimos observando unha roza sistemática e moi agresiva da vexetación de ribeira", na que se rozan as beiras de moitos ríos para facilitar o acceso dos pescadores. A sega das contornas do río, afirman, debería realizarse manualmente con segadora, e non con rozadora. Ademais, sosteñen que aínda que en prados seminaturais e veigas tradicionais non serían negativas, "tampouco estamos en época diso".

Ecoloxistas en Acción solicita preservar o espazo natural do río Támega, que está declarado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), e fomentar usos tradicionais e respectuosos co medio, rexeitando completamente os actuais "usos invasivos e agresivos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Shakiro

Pero segaron, cortaron ou podaron?