Comeza a tramitación do decreto para o rexistro de datos sobre tentativas de suicidio

Con esta iniciativa, o Sergas conmemorou o Día Mundial da Loita contra a Depresión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2022 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O Goberno galego informou de que avanza na tramitación dun decreto que regulará o Rexistro Galego de Tentativas Autolíticas, co que se contará con datos sobre a incidencia e prevalencia de intentos de suicio, así como dos seus factores determinantes e asociados.

Especialistas do ámbito da saúde mental autonómica deron a coñecer este xoves o resultado de proxectos de investigación, práctica clínica e apoio a pacientes. Con esta iniciativa, o Sergas conmemorou o Día Mundial da Loita contra a Depresión, que é un trastorno de elevada frecuencia que incide de forma considerable nas taxas de mortalidade e morbilidade, afectando de maneira moi significativa a adolescentes e persoas da terceira idade.

Na mesa, celebrada na sede da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), e inaugurada pola subdirectora xeral de Atención Primaria do Sergas, Sinda Blanco, a xefa do Servizo de Saúde Mental do Sergas, María Tajes, falou do Programa de autocuidado 'Supera a túa depresión'.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia indica que ten en marcha seis unidades de atención a persoas en risco de suicidio, cinco das cales se activaron a través do desenvolvemento do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024.

Cada unha destas unidades conta cun equipo específico de profesionais composto por persoal de psicoloxía, psiquiatría e enfermaría, o que implicou a contratación de 15 novos profesionais ao longo de 2021. O mantemento deste novas cinco unidades ao longo da vixencia do Plan suporá un investimento de máis de 3,6 millóns de euros, destaca o Gobireno galego.

Ademais, Galicia ten en marcha o Plan de Prevención do Suicidio, vixente desde 2017, e conta cunha vía rápida de actuación ante a conduta suicida, un protocolo que facilita o acceso a atención especializada.

A xefa de Saúde Mental do Sergas, María Tajes Alonso, o xefe de Psiquiatría infantoxuvenil delCHUS, José Mazaira Castro, e o catedrático de Psicoloxía Clínica (USC), Fernando L. Vázquez, nunha mesa de debate. XOÁN CRESPO
A xefa de Saúde Mental do Sergas, María Tajes Alonso, o xefe de Psiquiatría infantoxuvenil delCHUS, José Mazaira Castro, e o catedrático de Psicoloxía Clínica (USC), Fernando L. Vázquez, nunha mesa de debate. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta