A importancia do asesoramento especializado para as startups

Cada vez hai máis persoas que dunha forma ou outra montan negocios que pivotan ao redor de internet, usando este medio en exclusiva para chegar aos seus clientes potenciais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2022 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

Hai moitos tipos de emprendedores e un deles é o que se dedica a montar startups, empresas tecnolóxicas que comezan cuns custos moi pequenos e que teñen grandes posibilidades de crecer rápido.

Rapaces ante un ordenador
Rapaces ante un ordenador | Fonte: pexels

É COMPLICADO ATOPAR LETRADOS ESPECIALIZADOS NESAS COMPAÑÍAS

Se preguntamos aos avogados en Galicia, aos que temos na nosa contorna, seranos moi complicado dar cun que nos poida asesorar en temas legais, financeiros e fiscais cando estamos a montar unha empresa emerxente.

O mesmo ocorreranos se tentamos que as administracións nos axuden, xa que mesmo os que se supoñen especialistas en guiar aos emprendedores non saberán que dicirnos, e é que todos estes servizos están destinados aos emprendedores “tradicionais”.

DELVY É UN DOS BUFETES NOS QUE NOS PODEMOS APOIAR

En Galicia non abundan os despachos especializados nas  startups como si que o fan en Madrid ou Barcelona, pero temos a sorte de contar con  Delvy, un dos despachos de avogados para estas empresas que ten unha das súas sedes en Pontevedra.

Ademais, non só axudan a aquelas compañías que se forman baixo

a metodoloxía  startups, senón que tamén teñen clientes que se dedican á innovación e a todo o relacionado coa tecnoloxía.

ASESORAMENTO LEGAL, FINANCEIRO E FISCAL

O sistema legal español non é nada sinxelo nin está pensado para emprendedores, o cal significa que as persoas que comezan o seu negocio atópanse con moitas dificultades, en especial cando teñen que ver coa tecnoloxía.

Un primeiro paso adoita ser pedir axuda á clásica xestoría, pero enseguida dámosnos/dámonos conta de que non poden facer nada porque non entenden o modelo de negocio e non saben nin por onde empezar.

Aquí entran os avogados como os de  Delvy, que grazas a todas as  startups ás que axudaron coñecen moi ben que leis nos afectan, que maneiras temos de conseguir financiamento e como hai que tratar o tema fiscal.

A fiscalidade é clave, pois nin sequera en Facenda saben cal nos teñen que aplicar ao ser as normas moi ambiguas e estar feitas para negocios como unha  zapatería e non para unha empresa que vende a través de Internet, funciona cunha  app e pode ter clientes por todo o mudo.

PERMÍTENNOS CENTRARNOS NO QUE IMPORTA

Grazas a este acompañamento en todo momento podemos centrarnos no que importa, que é facer crecer a empresa para gañar cota de mercado e diñeiro.

A nosa cabeza debe estar posta nesas metas ao 100 % e non en pescudar se é mellor que contratemos ao programador a xornada completa, a media ou que busquemos a un que sexa autónomo.

Pódese dicir que un bufete especializado será unha especie de “devasa” que nos protexerá daquelas tarefas que non nos achegan nada, pero que son necesarias se queremos que a  startup cumpra coa legalidade vixente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta