Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 14:12
Dous operarios resultaron feridos graves tras unha explosión causada por un curtocircuíto cando estaban a traballar nunha subestación subterránea e realizaban traballos de electricidade. Os dous presentan queimaduras de segundo grao na cara, teñen feridas graves, pero atópanse hemodinámicamente estables, segundo fontes do hospital universitario da Coruña ao que foron trasladados. Atópanse ingresados na Unidade de Queimados.
O suceso produciuse pouco antes das 10,30 horas, momento no que persoal da empresa daba aviso ao 112 do sucedido na rúa Arquitecto Rey Pedreira con Juan González Rodríguez, na zona de Peruleiro. Desde o 112, deuse avisou ao 061, á Policía Naiconal e á Local, así como a Protección Civil e os Bombeiros, que non chegaron a acudir ao lugar dos feitos. Ao tratarse dun accidente laboral, do caso fíxose cargo a Policía Nacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.