Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022 | Actualizada ás 11:48
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, acudirá este xoves 27 de xaneiro á toma de posesión da nova presidenta de Honduras, Xiomara Castro, que resultou elixida os comicios do pasado 28 de novembro.
"Estamos ante un acontecemento histórico que fai posible que a esquerda volva gobernar Honduras tras o golpe de estado que derrocou ao presidente Manuel Zelaya en 2009", sinalou Miranda.
Como coordinadora de Relacións Internacionais do BNG, Miranda participará en diversas reunións bilaterais previstas na axenda oficial da Transmisión de Mando Presidencial e nos saúdos ás delegacións oficiais.
Ademais, manterá diversos encontros con representantes da Partido Libertad y Refundación (Libre), do que forma parte a presidenta electa e con diversos colectivos ambientais, feministas e de defensa dos dereitos humanos.
"Seguimos reforzando o internacionalismo do Bloque, así como o firme apoio a unha presidenta electa con moito apoio popular nun país afogado pola pobreza e a corrupción que, nestes días previos á investidura, pasa por unhas condicións adversas de confrontación política", apuntou Miranda, quen acode en nome da Executiva do BNG a este traspaso de poderes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.