O Concello de Ferrol repón o cable de iluminación pública roubado na Malata e pide colaboración para evitar roubos

O Concello de Ferrol repuxo o cable de iluminación pública roubado na zona da Malata e pide colaboración cidadá ante "calquera movemento sospeitoso" para evitar máis subtraccións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol repuxo o cable de iluminación pública roubado na zona da Malata e pide colaboración cidadá ante "calquera movemento sospeitoso" para evitar máis subtraccións. Segundo informou o Concello de Ferrol, este pasado martes detectou novos roubos de cable de iluminación pública na cidade, neste caso na rúa Irmandade de Doadores de Sangue, nas inmediacións do complexo hospitalario ferrolán (CHUF) e na estrada da Malata, entre Fimo e as instalacións de pádel.

Así o indicou a concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, quen explicou que xa se repuxo o material no paseo da Malata e actualmente estase colocando na zona de subide cara ao CIS. A edila explicou que se trata dun problema que "afecta tamén á atención ás avarías", posto que, engadiu, "sobrecarga o servizo". Respecto diso, lembrou que os roubos na cidade deste material afectou xa a barrios como o da Malata, Santa Mariña, Catabois, San Xoán, os hospitais, Leixa, Parque Ferrol e Cidade Xardín.

Na actualidade traballan para cuantificar os metros de cable subtraído recentemente e o custo que implicará a súa reposición, indicou o Concello, que pide á cidadanía que "alerte á Policía de calquera movemento sospeitoso que poida estar relacionado co roubo de cable ou coa súa manipulación". "A colaboración dos veciños é fundamental para completar o labor que leva a cabo a Policía", concluíu.

Segundo un informe realizado a finais do pasado ano por técnicos municipais, o impacto dos roubos de cables de iluminación pública afectou a 36 cadros e instalacións en varios puntos da cidade en dous meses, que supuxeron 29 quilómetros deste material, cuxa reposición supuxo un desembolso de case 80.000 euros.

O acceso ao porto interior na Malata contará cunha terceira vía. PORTO DE FERROL
O acceso ao porto interior na Malata contará cunha terceira vía. PORTO DE FERROL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta