Case 6.000 persoas vulnerables formarán parte dun proxecto piloto para abordar a pobreza infantil

Centrarase con especial intensidade nas sete grandes cidades galegas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/01/2022 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

Case 6.000 persoas beneficiaranse na comunidade autónoma galega do proxecto piloto que abordará a pobreza infantil, segundo informou a Delegación do Goberno con motivo da reunión que o seu máximo responsable, José Miñones, mantivo con representantes dos distintos sistemas de apoio social de Galicia.

Con eles, avalío o citado proxecto piloto, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con 10,6 millóns de euros. Miñones mantivo unha reunión de traballo na que participaron responsables de ONGs en Galicia (Cruz Vermella, Cáritas, Fademga ou Unicef, entre outras) e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Tamén asistiron colectivos de pais e nais de Galicia e sindicatos, aos que lles trasladou o contido do convenio asinado a pasada semana en Galicia entre o Ministerio de Inclusión e a Xunta.

Neste encontro, o delegado presentou as liñas que compoñen este proxecto piloto, no que as entidades van ter un papel protagonista, ao ser as que colaborarán no deseño e implementarán as medidas que finalmente se decidan pór en práctica.

Este proxecto comezará de maneira inmediata e extenderase ata xuño de 2023. Beneficiará a case 6.000 persoas perceptoras do Ingreso Mínimo Vital ou da Risga (Renda de Inclusión Social de Galicia) de todas as provincias da comunidade autónoma.

Centrarase, con especial intensidade, nas sete grandes cidades galegas, onde existe maior concentración de fogares vulnerables con menores, pero tamén estará dirixido a familias residentes en áreas rurais de exclusión territorial en cada unha das provincias.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese con entidades, asociacións e sindicatos para analizar o proxecto piloto que abordará a pobreza infantil. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese con entidades, asociacións e sindicatos para analizar o proxecto piloto que abordará a pobreza infantil. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta