Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 20:48
O Xulgado do Social número 3 condenou a Tralusa, do Grupo Monbús, a reincorporar no seu posto a un traballador despedido por querer presentarse á elección sindicais pola CIG.
O traballador foi despedido en febreiro de 2020 pola empresa Freire (que naquel momento tiña o contrato da liña de autobús Santiago- aeroporto) despois de coñecer que ía de candidato pola CIG ás eleccións sindicais.
Tras varios atrasos no xuízo por mor da pandemia, cando saíu a sentenza contra Freire xa se produciu o cambio de contrato, adxudicado agora a Tralusa, polo que lle correspondía a esta nova empresa incorporar ao traballador.
Entón, segundo explica a CIG, "o Grupo Monbús, que se negou a subrogar a todos os condutores que prestaban este servizo, tampouco quixo readmitir ao traballador despedido". Agora, a Sala obriga á empresa a repolo no seu posto de traballo, manténdolle a antigüidade e as mesmas condicións que tiña antes de ser despedido.
Paralelamente, continúa o conflito pola non subrogación dos condutores da liña ao aeroporto. Precisamente, na mañá deste xoves, os traballadores da liña de bus ao aeroporto que non foron subrogados por Tralusa volvéronse a concentrar no Pazo de Raxoi.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.