Galicia reabre as barras e retoma horarios de hostalaría e lecer, con passcovid obrigatorio

O horario é ata as 4 da madrugada para pubs e cafés espectáculo e 4,30 horas nas saídas de venres, sábados e véspera de festivo. As discotecas poden fechar ás 5.00 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2022 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Galicia volve relaxar medidas e recupera este fin de semana a situación de restricións anteriores ao final do Nadal, cando a expansión explosiva de ómicron levou ás autoridades sanitarias a endurecer as medidas, sobre todo, en relación ás festas de Fin de Ano, que practicamente deixou ao sector pechado.

Ante a situación de meseta e unha predición de melloría nas próximas semanas --analizada a incidencia acumulada a sete e 14 días, xunto a outros factores--, a Xunta decidiu adiantar a relaxación das medidas que estaban vixentes ata o 12 de febreiro e que, agora, precisamente, caducarán ese mesmo día.

Iso si, coa prórroga do certificado covid, que autorizou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tamén ata esa data para toda a hostalaría, lecer nocturno, ximnasios, residencias de maiores, albergues e acompañantes de pacientes en hospitais.

HOSTALARÍA

Concretamente, en hostalaría, recupérase o servizo nas barras de bar e mellórase o número de comensais en terraza, que volve a 15. Con todo, en interior o límite segue sendo oito persoas por mesa ou agrupación de mesas e será indispensable o certificado covid para entrar.

Retómase o horario anterior ao Nadal, con peche á 1 da madrugada pola semana e 1,30 os fins de semana (as noites dos venres ao sábado e do sábado ao domingo e vésperas de festivo).

En canto ao lecer nocturno, réxese polo mesmo número de grupos e comensais en interior e exterior. O horario é ata as 4 da madrugada para pubs e cafés espectáculo e 4,30 horas nas saídas de venres, sábados e véspera de festivo. As discotecas e salas de festa poden abrir ata as 5 da madrugada.

VOLVEN OS CONCERTOS E CÓCTELES DE PÉ

Ademais, desde a madrugada deste sábado 29 volven os espectáculos musicais e artísticos ao aire libre poderán desenvolverse co 100 por cen da ocupación máxima permitida. Tamén a ocupación de cinemas, teatros, auditorios e espazos similares destinados a espectáculos públicos poderán ocuparse ao 100 por cen e poderá haber público de pé.

Poderán realizarse cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé, e no momento de retirada da máscara para o consumo deberá respectarse a distancia interpersoal de seguridade.

CERTIFICADO COVID TAMÉN PARA ESPECTÁCULOS

Ademais do uso de certificado covid en hostalaría, o TSXG autorizou tamén que se empregue o certificado nos eventos con máis de 200 persoas en interior e 500 en exterior, e en todos os que se poidan consumir alimentos ou bebidas.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) destaca que a medida do pasaporte covid manterase "o tempo imprescindible para mellorar a situación epidemiolóxica" de Galicia, a cal "se revisa diariamente e sométese semanalmente á consideración do comité clínico".

Unha barra dun bar coruñés o día en que reabren as barras dos establecementos de hostalaría por primeira vez na pandemia do coronavirus en Galicia, a 15 de setembro de 2021, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press
Unha barra dun bar coruñés o día en que reabren as barras dos establecementos de hostalaría por primeira vez na pandemia do coronavirus en Galicia, a 15 de setembro de 2021, na Coruña, Galicia (España).. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta