Poden gañar as Tanxugueiras con este xurado: "Non sei porque lles colleron mania"

Por que as tres representantes españolas do xurado non aplaudiron a decisión do público que colocou ao grupo galego na final?. Iniciativas nas redes chaman a mobilizarse este sábado en favor das Tanxugueiras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Continúa a polémica en redes sociais pola decisión dun suposto "xurado profesional" de deixar fóra da final do Benidorm Fest as Tanxugueiras. Unha decisión que foi modificada grazas ao masivo voto do público.

Actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest
Actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest | Fonte: RTVE

De feito, circulan xa varios vídeos nos que se pode ver como as tres representantes españolas deste xurado, Myriam Benedited, natalia Calderón e Estefanía García non aplaudiron a decisión do púbico de meter ao grupo galego na final, mentres si o facían os representantes austriaco e islandés.

Myriam Benedited e Natalia Calderón son do universo de Operación Triunfo, un dos programas estrela da TVE. A primeira, coreógrafa, a segunga cantante profesional, actriz, coach vocal, profesora de canto e produtora teatral. Pola súa banda, Estefanía García é a cota interna de TVE neste sanedrín de expertos musicais. Licenciada na especialidade de Ópera e Zarzuela pola Escola Superior de Canto de Madrid, desde hai 15 anos forma parte do Coro de RTVE.

Pola súa banda, os dous homes son Marvin Dietmannles é un director de escena austriaco e Félix Bergsson, xefe da delegación islandesa para Eurovisión e tamén forma parte do Grupo de Referencia da Unión Europea de Radiodifusión. Así foi a reacción ao coñecer a decisión do público:

Curiosamente, Anastasia, de orixe rusa, e que ten unha canle en Youtube, Diario de Ana, para españois e rusos, fala abertamente de "rabia" do xurado cara ás Tanxugueiras. A patir do minuto 11 deste vídeo, a youtubeira destaca o poder musical do grupo galego e asegura que, sen escoitar a súa música antes, está segura de que ten que ser finalista do Benidorm Fest e gañar tamén Eurovisión.

Tras a polémica decisión do xurado, #tongo converteuse en trending topic este xoves. Por iso, non son poucas as iniciativas que apareceron nas redes para apoiar ás Tanxugueiras este sábado, entre eles, unha pandeiretada pública ou unha recollida de sinaturas na plataforma change.org.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta